Fase 2. Avaliación xeral e específica de riscos laborais - Xunta de Galicia

Fase 2. Avaliación xeral e específica de riscos laborais - Xunta de Galicia

Play all audios:

Loading...

Esta fase desenvólvese mediante a Ficha 2. Hai que empregar unha destas fichas 2 para cada posto de traballo relacionado na ficha 1. Esta fase é o eixe da acción preventiva, xa que require


non só definir a estimación do risco en canto á súa importancia senón tamén presentar as accións correctivas para cada risco.


Para cada risco detectado en cada posto de traballo hai que realizar unha estimación, determinando a potencial severidade do dano (as súas consecuencias) e a probabilidade de que aconteza o


feito. As variables son a severidade do dano e a probabilidade. En cada unha destas variables considéranse tres opcións.


Conforme ás variables anteriores, a valoración dedúcese de maneira automática segundo a seguinte táboa. 


E consecuentemente á valoración preséntanse como criterios de actuación os seguintes: