Exercicio de dereitos - Xunta de Galicia
Play all audios:
A Xunta de Galicia garantirá e facilitará en todo momento á cidadanía o exercicio dos seus dereitos en materia de protección de datos persoais. Estes dereitos son:
As persoas interesadas poden exercitar calquera destes dereitos actuando no seu propio nome ou a través de representante legal (por exemplo, cando os/as titulares da patria potestade ou
tutela actúan en nome da persoa menor de 14 anos ou cando se actúe como representante legal dunha persoa con limitacións na súa capacidade de obrar) ou voluntario (en caso de que se
outorguen pola persoa titular do dereito, libre e voluntariamente, poderes de representación a estes efectos).
No caso de que a persoa interesada desexe retirar un consentimento outorgado previamente, poderá facelo a través dos medios complementarios que se lle ofreceran na cláusula informativa
relativa ao tratamento dos seus datos persoais que se lle facilitase no seu momento.
A solicitude do exercicio do dereito deberá dirixirse ao responsable do tratamento que corresponda. Unha vez recibida a solicitude, comprobarase que reúne todos os requisitos esixidos pola
normativa vixente. Se se carecera dalgún deles, requirirase á persoa interesada para que emende a súa solicitude. Se a solicitude reúne todos os requisitos, o responsable do tratamento
analizará se a petición se axusta ou non a dereito e comunicará ao/á peticionario/a a decisión adoptada.
En todo caso, se as persoas interesadas consideran vulnerado o dereito á protección dos seus datos persoais, poderán interpoñer unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de
Datos.
Con carácter previo á presentación dunha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos, poderán dirixirse ao delegado ou delegada de protección de datos (DPD) que corresponda.
Para contactar cos diferentes delegados/as de protección de datos da Xunta de Galicia pódese empregar este formulario.