Subdirección xeral de réxime xurídico e relacións laborais

Subdirección xeral de réxime xurídico e relacións laborais

Play all audios:

Loading...

A Subdirección Xeral de Réxime Xurídico e Relacións Laborais exercerá as seguintes funcións: * A preparación, conxuntamente coa Subdirección Xeral de Xestión, Programación e Ordenación do


Persoal, a Subdirección Xeral de Provisión de Postos e Selección de Persoal e a Oficina de Incompatibilidades e Boas Prácticas, dos anteproxectos normativos en materia de función pública. *


A elaboración das propostas de resolución dos recursos e reclamacións previas á vía xurisdicional que se presenten en materia de persoal, dentro das competencias da Dirección Xeral da


Función Pública. * A realización dos estudos e a emisión de informes en materia de persoal. * A preparación e desenvolvemento dos traballos relativos ás relacións laborais e sindicais do


persoal ao servizo da Xunta de Galicia. * A coordinación do Rexistro dos órganos de representación do persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e dos seus


organismos, axencias e entidades dependentes, e do rexistro dos contratos de alta dirección. * A tramitación dos proxectos de orde de iniciación e resolución dos procedementos de integración


como persoal laboral da Xunta de Galicia do persoal laboral fixo das entidades instrumentais do sector público autonómico, incoados segundo o disposto no artigo 8 do Decreto 129/2012, do 31


de maio. * A coordinación coas distintas consellerías e coa Seguridade Social dos expedientes de xubilación parcial do persoal laboral. * A coordinación das eleccións sindicais do persoal


funcionario e laboral. * A elaboración dos informes en materia de persoal conxuntos coa Dirección Xeral competente en materia de orzamentos. * A realización, no seu ámbito de competencias,


de cantos estudos e traballos se lle encomenden.  Para o cumprimento das súas obrigacións, a Subdirección Xeral de Réxime Xurídico e Relacións Laborais contará coas seguintes unidades


administrativas con nivel orgánico de servizo: * O Servizo de Réxime Xurídico e Recursos, que desenvolverá as seguintes funcións: * O estudo e preparación de propostas de resolución de


recursos en materia de persoal, dentro das competencias da Dirección Xeral da Función Pública. * A colaboración na preparación de anteproxectos normativos relativos á función pública. * A


preparación das propostas de imposición da sanción de separación do servizo ou despedimento do persoal xestionado pola Dirección Xeral da Función Pública para a súa elevación ao Consello da


Xunta. * O asesoramento e a emisión de informes en materia de función pública. * A tramitación de reclamacións previas á vía xurisdicional, dentro da competencia da Dirección Xeral da


Función Pública. * Remisión aos xulgados, tribunais e gabinetes territoriais dos expedientes e documentación solicitada na vía xurisdicional, dentro das competencias da Dirección Xeral da


Función Pública. * O Servizo de Relacións Laborais realizará as seguintes funcións: * O desenvolvemento dos traballos relativos ás relacións sindicais do persoal da Xunta de Galicia. * A


emisión de informes en materia de persoal laboral da Xunta de Galicia e dos exixidos pola normativa vixente. * A secretaría e mais o seguimento das negociacións colectivas en materia de


persoal. * A coordinación coas distintas consellerías e coa Seguridade Social dos expedientes de xubilación parcial do persoal laboral. * A coordinación das eleccións sindicais do persoal


funcionario e laboral. * A colaboración na elaboración de anteproxectos normativos en materia de función pública. * A xestión do Fondo de Acción Social. * A xestión do Rexistro dos órganos


de representación do persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e dos seus organismos, axencias e entidades dependentes, e a xestión do rexistro de


contratos de alta dirección.