Xeración e consulta de reclamacións

Xeración e consulta de reclamacións

Play all audios:

Loading...

PRESENTACIÓN DE RECLAMACIÓNS Para xerar unha reclamación no concurso de traslados ten que seguir os seguintes pasos: * Se aparece unha mensaxe solicitando a instalación do cliente @FIRMA,


prema sobre "ACEPTAR" e peche o navegador despois de que finalice a instalación. * A aplicación pediralle primeiro o seu NIF. Deberá introducir o número do NIF e a letra nos cadros


correspondentes. * A continuación deberá escoller o proceso sobre o que quere reclamar, que neste caso será "Concurso de traslados". * Finalmente seleccionará a fase activa do


concurso sobre a que quere reclamar, polo que a aplicación mostraralle un formulario da reclamación, que deberá asinar e presentar directamente na aplicación. Pode visualizar o código da


reclamación, premendo en "xerar pdf" e conservar o borrador da reclamación ou o xustificante da súa presentación. Co código da reclamación, poderá xerar outra distinta


seleccionando "Nova reclamación a partir dunha existente" A reclamación pode vir acompañada de xustificación documental que deberá ser un documento ou copia electrónica auténtica


asinados electronicamente. Se a documentación orixinal está en formato papel, que non fose posible entregar de modo electrónico, deberá presentarse presencialmente en rexistro para que xere


unha copia electrónica auténtica do documento. CONSULTA DE RECLAMACIÓNS Cada unha das reclamacións presentadas ten asignado un código xerado polo sistema co que pode consultar o estado da


súa reclamación en calquera momento. A resposta á reclamación será visible a partir da publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas ou da publicación da adxudicación


de postos, segundo sexa a fase na que se presente a reclamación. No caso de dúbidas xerais ou técnicas pode poñerse en contacto nos teléfonos indicados ou remitir un correo electrónico.