Que é? - Xunta de Galicia

Que é? - Xunta de Galicia

Play all audios:

Loading...

Chave365 é o sistema que permite aos/ás cidadáns/ás maiores de idade e aos/ás menores emancipados/as identificarse e asinar documentos na sede electrónica da Xunta de Galicia sen necesidade


de usar certificados dixitais nin DNI electrónico.


Con Chave365, a persoa usuaria identifícase co seu NIF e clave persoal e asina electronicamente cun código, único para cada operación, que recibe no seu teléfono móbil.


Para empregar Chave365, vostede ten que darse antes de alta. Pode facelo por dúas vías:


Antes de empregar Chave365 por primeira vez, debe cambiar obrigatoriamente a clave de acceso provisional (ou contrasinal) recibido por SMS por unha elixida por vostede. Consulte aquí como


modificar a clave. Por razóns de seguridade, é necesario actualizar o contrasinal polo menos unha vez ao ano.


Se non recibe a mensaxe SMS coa clave de acceso en poucos minutos, póñase en contacto co servizo de atención cidadá 012 para confirmar que se enviou. En caso de que a enviase pero non a


recibise, deberá contactar co seu provedor de telefonía ou revisar a configuración do seu terminal.


O usuario de Chave365 ten unha validez de 4 anos desde a súa alta no sistema. Transcorrido ese período, prodúcese a súa caducidade. Para evitar que isto aconteza, deberá solicitar a


renovación do seu usuario dentro dos 60 días anteriores á caducidade. Esta renovación pode facela:


Lembre que, tras a súa solicitude, recibirá un SMS no seu teléfono informándolle que o seu usuario foi renovado correctamente.


Se non solicitou a renovación e o seu usuario caducou entón xa foi dado de baixa de forma automática no sistema de Chave365. No caso de que necesite empregar novamente Chave365 deberá darse


de alta de novo no servizo.


Para modificar os datos persoais asociados ao seu usuario de Chave365, debe empregar o formulario do procedemento de modificación dos datos que constan en Chave365. Se quere darse de baixa


do sistema, pode facelo a través do procedemento de baixa en Chave365.


A modificación de datos e a baixa tamén se poden facer de maneira presencial nos órganos ou unidades administrativas da Xunta de Galicia que realicen as funcións de rexistro de usuarios


Chave365.


Pode solicitar o desbloqueo da clave concertada chamando ao 012.


Consulte a relación de órganos ou unidades administrativas da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia que realizan as funcións de rexistro de usuarios de Chave365.


A cidadanía poderá empregar o asistente en liña de eServizos (de forma preferente) https://www.xunta.gal/eservizos/soporte-tecnico/asistente-en-lina ou o servizo de atención telefónica no


012.