Medallas de Galicia. 2016 - Xunta de Galicia

Medallas de Galicia. 2016 - Xunta de Galicia


Play all audios:

Loading...

Licenciado e doutor en Arquitectura, ten un ampla traxectoria e un gran recoñecemento na súa disciplina.


Comezou a traballar no estudio de Alejandro de la Sota, logo de completar a súa formación en Noruega.


Tamén exerceu como profesor no departamento de Proxectos Arquitectónicos e Urbanismos da Universidade da Coruña durante máis de 20 anos.


Aínda que traballou en vivendas privadas, os edificios máis recoñecidos están dentro das obras promovidas polas administracións públicas:


Tamén cómpre destacar a súa actividade para promover a nosa cultura: foi membro fundador do Museo do Pobo Galego  en 1976, así como membro do Seminario de Estudios Galegos e da Fundación


Luis Seoane.


Ten numerosos recoñecementos, entre os que destaca o Premio Nacional de Arquitectura, a Medalla Castelao ou a Medalla de Ouro de Arquitectura.


Comezou a súa formación na Escola de Artes e Oficios de Santiago, completándoa na de Belas Artes de Madrid.


Hoxe é unha das principais referencias da escultura galega. Ten unha prolífica obra nesa disciplina e tamén como pintor.


Representou a España en 1985 na Bienal de São Paulo e, desde 1986, expuxo regularmente en ARCO (Madrid), en Italia e Francia ou tamén en Nova York, nalgunhas das galerías máis prestixiosas


da arte contemporánea.


Moitas das súas obras son iconas recoñecidas dalgunhas cidades galegas e españolas, como:


Leiro converteu as súas xigantescas esculturas en ferro e madeira en algunhas das iconas máis recoñecibles da arte galega en todo o mundo.


É catedrático de Filoloxía Románica pola Universidade de Barcelona e catedrático de Filoloxía Galega e Portuguesa.


Emigrante en Cataluña desde moi novo, despois de diversos oficios vinculados ao mundo editorial comezou a exercer a ensinanza universitaria, onde se converteu nos anos 60 e 70 en referencia


da cultura galega en Cataluña.


Autor de numerosos estudos sobre a literatura galega, portuguesa e brasileira, ten traducido 150 libros en sete linguas.


A dimensión literaria da súa obra destaca nos seus traballos de Antoloxía e Escolma de poesía galega, publicados en edicións bilingües fóra de Galicia e que constitúen valiosas referencias


da poesía galega.


En 1991 recibiu o Premio Nacional de tradución por Memorial do convento, de José Saramago.


Recibiu ademais a Creu de Sant Jordi, da Generalitat de Cataluña; a Comenda da Ordem do Infante Dom Henrique, que outorga o goberno portugués; a Ordem do Cruzeiro do Sul, de Brasil; a


Medalla Castelao ou o Premio Otero Pedrayo.


Xubilouse como catedrático no ano 2000, aínda que segue a impartir clases e tamén escribindo: aos setenta anos publicou o seu primeiro traballo de ficción, a novela La peregrina.


No ano 2015 a Real Academia Galega acorda nomealo Académico de Honra.


Los Suaves conforman unha das bandas máis sobranceiras do panorama musical da nosa terra.


Formada inicialmente polos irmáns Yosi, Charly e Javier Domínguez nos anos oitenta, comezaron os seus primeiros acordes no rock máis urbano. Posteriormente, o son comezou a verse


paulatinamente máis influenciado do heavy metal.


Tendo actuado xunto a grupos como Los Ramones ou The Rolling Stones, asentáronse como unha das bandas máis consolidadas da escena do rock español chegando a vender máis de dous millóns de


discos.


As súas letras e o seu estilo inconfundible teñen feito de Los Suaves un grupo mítico en Galicia e en España.