Delegados/as de protección de datos - Xunta de Galicia

Delegados/as de protección de datos - Xunta de Galicia

Play all audios:

Loading...

A Xunta de Galicia conta con distintos Delegados e Delegadas de Protección de Datos (DPD) nos diferentes ámbitos sectoriais. En concreto, existe un/ha DPD en cada consellería que, con


carácter xeral, exerce tamén as súas funcións respecto ás entidades instrumentais adscritas a cada unha delas. Con todo, en circunstancias excepcionais, prevese a posibilidade de que se


poida designar un/ha DPD propio/a para algunha entidade instrumental como na Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).


Os/as delegados/as de protección de datos teñen como función informar, asesorar e supervisar o cumprimento interno da normativa vixente en materia de datos persoais na Xunta de Galicia,


ademais de actuar como intermediarios/as coa Axencia Española de Protección de Datos como autoridade de control e atender ás reclamacións que as persoas interesadas lles dirixan.


As persoas interesadas poderán contactar cos/coas diferentes delegados/as de protección de datos da Xunta de Galicia a través do seguinte formulario.


Se a súa comunicación se dirixe a unha entidade instrumental do sector público que non ten DPD propio/a, corresponderalle o/a DPD da consellería á que a entidade estea adscrita. Pode


consultar nesta listaxe cal é a adscrición da entidade en cuestión.