Preguntas frecuentes - Xunta de Galicia

Preguntas frecuentes - Xunta de Galicia


Play all audios:

Loading...

Para solicitar Chave365 é imprescindible dispoñer dun número de teléfono móbil, no que se recibirá a clave de acceso provisional e as claves de sinatura de cada operación.


Na solicitude de alta a través da sede electrónica da Xunta de Galicia é preciso que o usuario dispoña de certificado dixital, DNI electrónico ou Cl@ve.


Para a solicitude presencial, é necesario que a persoa interesada acuda persoalmente a algún dos órganos ou unidades administrativas que realizan as funcións de rexistro de usuarios de


Chave365 e acredite a súa identidade mostrando o seu DNI ou NIE orixinais, válidos e vixentes. 


Para as persoas estranxeiras, a identificación farase mediante:


Chave365 poderá ser utilizado polas persoas maiores de idade ou menores emancipados. A situación de menor emancipado acreditarase cunha certificación do Rexistro Civil que recolla esa


circunstancia.


Se dispón de certificado dixital, DNI electrónico, Chave365 ou Cl@ve pode solicitar a alta directamente desde a sede electrónica da Xunta de Galicia.


Se quere facelo presencialmente, pode dirixirse a calquera dos órganos de rexistro habilitados ao efecto. Consulte aquí a relación de lugares nos que se pode solicitar.


Como norma xeral non. Só poderán obter Chave365 as persoas menores de idade que estean emancipadas, previa acreditación cunha certificación do Rexistro Civil que recolla esa circunstancia.


Si, sempre que se trate dun poder notarial orixinal xeral ou específico para a emisión de Chave365.


Non poderá solicitarse a alta en Chave365 en nome doutra persoa mediante unha simple autorización, salvo que se achegue a lexitimación notarial da sinatura.


Non. O sistema só está dispoñible para persoas físicas, sen prexuízo do seu uso por parte de representantes ou apoderados debidamente autorizados para estes efectos.


O usuario de Chave365 ten unha validez de 4 anos desde a súa alta no sistema. Transcorrido ese período, prodúcese a caducidade desa conta de usuario.


Para evitar esta caducidade deberá solicitar a renovación do seu usuario, que poderá facer:


Lembre que, trala súa solicitude, recibirá un SMS no seu teléfono informándolle que o seu usuario foi renovado correctamente.


Se o seu usuario caducou, foi dado de baixa do servizo de Chave365 de xeito automático.


Se vostede quere empregar novamente o servizo de Chave365 deberá darse de alta outra vez no devandito servizo. Poderá facelo:


A solicitude de renovación poderá facela desde o formulario PR001A nos 60 días antes da caducidade do seu usuario de Chave365.


Lembre que, trala súa solicitude, recibirá un SMS no seu teléfono informándolle que o seu usuario foi renovado correctamente.


Para acceder ao espazo onde pode consultar cando caduca o seu usuario de Chave365 entre en "A miña sede" empregando certificado dixital, DNI electrónico, Chave365 ou Cl@ve.


Unha vez dentro prema na opción "Os meus datos" do menú. Nela atopará un novo acceso a Chave356, prema nel.


Desde a pantalla de Chave365 vostede pode consultar os seus datos no sistema Chave365, por exemplo: 


Se ten instalada a app XuntaEu no seu teléfono móbil, pode consultar a data de caducidade do seu usuario accedendo ao apartado "Chave365 Activo".


Xusto debaixo do espazo para poñer o seu contrasinal habilitouse unha nova opción para poder xerar un novo contrasinal. Pulsando nela solicitaralle que indique o seu NIF e o seu número de


teléfono, e, tras pulsar “Validar”, recibirá unha nova clave provisional dun só uso que deberá cambiar a seguinte vez que acceda con Chave365.


Se ten certificado dixital, DNI electrónico ou Cl@ve, acceda ao apartado "A miña sede" da sede electrónica da Xunta de Galicia: na parte superior dereita atópase o acceso a "Os meus datos",


alí poderá acceder ao apartado Chave365 onde poderá cambiar a súa clave de acceso. Na parte inferior da páxina de Chave365 atopará unha ligazón co epígrafe "Se esqueceu a súa clave ou quere


desbloquear o seu usuario, acceda aquí".


Tamén pode dirixirse persoalmente a algún dos órganos ou unidades administrativas da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia que realizan as funcións de rexistro de


usuarios de Chave365.


A través da Orde do 22 de xuño de 2020, acordouse adaptar o procedemento de xestión das claves concertadas á situación da nova normalidade derivada da emerxencia sanitaria provocada pola


COVID-19 e procedeuse a habilitar mecanismos non presenciais de rexeneración das claves de acceso en caso de que se produzan bloqueos ou a súa caducidade.


A tal fin, e no caso de ser necesario, os/as cidadáns poderán empregar o asistente en liña de eServizos (de forma preferente)


https://www.xunta.gal/eservizos/soporte-tecnico/asistente-en-lina ou o servizo de atención telefónica no 012.


A clave de Chave365 ten unha validez dun ano, sendo necesario que se cambie polo menos unha vez ao ano. O sistema envía o SMS cando a clave está a piques de caducar, polo que deberá cambiala


o antes posible.


Para cambiala, acceda, con con certificado dixital, DNI electrónico, Chave365 ou Cl@ve ao apartado "A miña sede" da sede electrónica da Xunta de Galicia: na parte superior dereita atópase o


acceso a "Os meus datos", no apartado Chave365 poderá cambiar a súa clave de acceso. Na parte inferior de Chave 365 atopará unha ligazón coa epígrafe “Se esqueceu a súa clave ou quere


desbloquear o seu usuario, prema aquí". Ao premer, enviaráselle unha nova clave de acceso ao seu teléfono móbil.


Tamén poderá cambiar a súa clave dirixíndose persoalmente a algún dos órganos ou unidades administrativas da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia que realizan as


funcións de rexistro de usuarios de Chave365.


Se ten instalada a app XuntaEu no seu teléfono móbil, pode cambiar a súa clave accedendo ao apartado "Chave365 Activo".


A clave de acceso ten que modificarse como mínimo 1 vez ao ano, para ofrecer as garantías de seguridade axeitadas. Se transcurrido 1 ano vostede non cambiou a súa clave de acceso, dispón de


5 intentos para facer o cambio en https://sede.xunta.gal/a-mina-sede/preferencias.


Lembre que unha vez consumidos eses 5 intentos, non se permitirá o acceso e deberá cambiar a súa clave por unha das seguintes canles:


A través da Orde do 22 de xuño de 2020, acordouse adaptar o procedemento de xestión das claves concertadas á situación da nova normalidade derivada da emerxencia sanitaria provocada pola


COVID-19 e procedeuse a habilitar mecanismos non presenciais de rexeneración das claves de acceso en caso de que se produzan bloqueos ou a súa caducidade.


A tal fin, e no caso de ser necesario, os/as cidadáns poderán acceder ao apartado "A miña sede" da sede electrónica da Xunta de Galicia: na parte superior dereita atópase o acceso a "Os meus


datos", onde poderá cambiar a súa clave de acceso. Na parte inferior do apartado Chave365 atopará unha ligazón coa epígrafe “Se esqueceu a súa clave ou quere desbloquear o seu usuario,


prema aquí". Ao premer, enviaráselle unha nova clave de acceso ao seu teléfono móbil ou empregar o asistente en liña de eServizos (de forma preferente) ou o servizo de atención telefónica no


012. 


Para acceder ao espazo onde pode consultar os datos de caducidade da súa clave de Chave365 entre en "A miña sede" empregando certificado dixital, DNI electrónico, Chave365 ou Cl@ve.


Se ten instalada a app XuntaEu no seu teléfono móbil, pode consultar os datos de validez e renovación do seu usuario e clave de Chave365, así como, a data do último cambio de clave accedendo


ao apartado "Chave365 Activo".


Unha vez dentro prema na opción "Os meus datos" do menú. Nela atopará un novo acceso a Chave365, prema nel.


Desde a pantalla de Chave365 vostede pode consultar os seus datos no sistema Chave365, por exemplo: 


A través da Orde do 22 de xuño de 2020, acordouse adaptar o procedemento de xestión das claves concertadas á situación da nova normalidade derivada da emerxencia sanitaria provocada pola


COVID-19 e procedeuse a habilitar mecanismos non presenciais de rexeneración das claves de acceso en caso de que se produzan bloqueos ou a súa caducidade.


A tal fin, e no caso de ser necesario, a cidadanía poderá acceder ao apartado "A miña sede" da sede electrónica da Xunta de Galicia: na parte superior dereita atópase o acceso a "Os meus


datos", onde poderá cambiar a súa clave de acceso. Na parte inferior do apartado Chave365 atopará unha ligazón coa epígrafe "Se esqueceu a súa clave ou quere desbloquear o seu usuario, prema


aquí". Ao premer, enviaráselle unha nova clave de acceso ao seu teléfono móbil. Tamén poderá empregar o asistente en liña de eServizos (de forma preferente) ou o servizo de atención


telefónica no 012.


Si, pode darse de baixa do sistema Chave365 en calquera momento. Pode facelo electronicamente accedendo á sede electrónica, no apartado "Os meus datos" e premendo en Chave365 e en "Dárse de


baixa" ou empregando o formulario “Baixa en Chave365” dispoñible na sede electrónica, ou dirixirse persoalmente a calquera dos órganos ou unidades administrativas que realizan as funcións de


rexistro de usuarios de Chave365.


En todo caso, a baixa prodúcese de maneira automática ao pasar catro anos desde a alta.


Se ten instalada a app XuntaEu nos seu teléfono móbil, pode darse de baixa de Chave365 accedendo ao apartado "Chave365 Activo".


Unha vez que o usuario está dado de alta, para operar con Chave365 só necesita ter a man o teléfono móbil que asociou ao seu NIF no formulario de alta. No momento de asinar unha operación


recibirá unha mensaxe cunha clave de sinatura. Esa clave é para un só uso: serve para o procedemento para o que o solicitou e só se pode usar unha vez, nun prazo de tempo de 24 horas. Pasado


este tempo, poderá solicitar unha clave nova.


Se non recibe no seu móbil a mensaxe coa clave de sinatura en poucos minutos, pode solicitar o reenvío da mensaxe seguindo as instrucións que aparecerán na propia pantalla da sede


electrónica onde deberá introducir a clave de sinatura.


Se esgotados os reintentos segue sen recibir a clave de sinatura, póñase en contacto co servizo de atención cidadá 012 para a súa revisión.


En caso de que a mensaxe fose enviada pero non recibida, deberá contactar co seu provedor de telefonía e/ou revisar a configuración do seu terminal. No estranxeiro e en función da súa


configuración de roaming poida que non reciba mensaxes SMS no móbil.


O código recibido ten unha validez de tan só 5 minutos. Transcorrido ese tempo estará caducado.


Ten ata tres intentos, se o escribe mal tres veces bloquearase o seu usuario e deberá desbloquealo, ben de forma presencial, telematicamente usando un certificado dixital ou mediante


videoconferencia. 


Para máis información pode consultar a pregunta "Bloqueouse o acceso con Chave365, por que?".


O dobre factor de autenticación (2FA) é unha capa adicional de seguridade que complementa o uso dun contrasinal. O seu obxectivo é o de asegurarse de que a persoa non só coñece o contrasinal


para acceder ao servizo, por exemplo á sede electrónica, senón que ademais é quen di ser achegando no proceso de login información sobre algo que só el posúe.


No noso caso e aplicado a Chave365, estes dous factores serían o contrasinal e un código dun só uso que se envía por SMS.


Dentro do  apartado "Os meus datos" / "As miñas preferencias" marcando o selector.


Recibirá un código dun só uso, e composto por 6 díxitos mediante un SMS enviado ao número de teléfono que teña asociado ao teu usuario de Chave365, ou un correo electrónico para os/as


usuarios/as de Chave365 que sexan non residentes.


Lembre que pode actualizar os teus datos de contacto dentro da sede electrónica no apartado "Os meus datos".


Se pasados uns segundos tras poñer o seu usuario e contrasinal de Chave365 segue sen recibir o código de 6 díxitos mediante SMS, pode volver solicitalo na mesma páxina na parte inferior da


xanela que aparece.


Se aínda así segue sen poder acceder, pode chamar ao 012 ou escribir a través do asistente en liña, onde lle axudaremos co seu problema.


Si, pode presentar unha solicitude en nome doutra persoa sempre que achegue coa presentación unha autorización, poder ou calquera outro documento acreditativo da representación por calquera


medio válido en dereito. Na sede electrónica dispón dun modelo de documento acreditativo de representación.


Se non recibe a mensaxe no móbil coa clave de acceso provisional en poucos minutos, póñase en contacto co servizo de atención cidadá 012 ou de Soporte Técnico de eServizos para confirmar que


lle foi enviada. En caso de que fose enviada pero non recibida, deberá contactar co seu provedor de telefonía e/ou revisar a configuración do seu terminal.


Como medida de seguridade para evitar o acceso de terceiros non autorizados, o sistema bloquea o usuario de Chave365 nos seguintes casos:


Para desbloquear o seu usuario deberá facelo por unha das seguintes canles:


Se perdeu o móbil e quere evitar que alguén poida usalo para identificarse no seu nome na sede electrónica a través de Chave365, debe chamar o antes posible ao 012 e solicitar que se bloquee


o seu usuario. No 012 realizaranlle unha serie de preguntas para confirmar a súa identidade.


Para poder facer a presentación vía telemática é preciso que teña instalado no navegador empregado un certificado dixital válido e en vigor ou un DNI electrónico co correspondente lector de


tarxetas ou Cl@ve; en caso contrario terá que optar pola solicitude presencial nos lugares habilitados.


Para poder modificar ese dato terá que acudir de maneira presencial aos lugares habilitados para a xestión de Chave365 ou, como alternativa, se ten certificado dixital ou DNI electrónico ou


Cl@ve pode proceder a dar de baixa o seu usuario e volver a xestionar de novo a alta cos datos correctos.


Lembrámoslle que se introduce tres veces consecutivas a clave de firma e lle xera erro o usuario bloquéase. Como recomendación, podería iniciar a tramitación de novo tentando o proceso de


sinatura sobre ese novo borrador.


No propio formulario figuran as indicacións para solicitar de novo o envío de dita clave. Lembrámoslle que terá ata tres intentos de envío sobre ese mesmo borrador. Superados os intentos, ou


ben agarda 24 horas ou ben inicia un novo borrador e tenta a firma sobre ese.


Se non pode acceder a É-Saúde empregando as claves de Chave365, probe a acceder á sede electrónica con Chave365. No caso de que non obteña erro, debe verificar co seu centro de saúde que


teña activo o acceso a eSaude. Recorde que tamén pode acceder a eSaude co certificado dixital ou co DNIe.